Dende a recén creada Delegación de Galicia de AEKY (Asociación Española de Kundalini Ioga) queremos darte a benvida e as grazas por amosar interés neste Festival.
Os membros da organización traballamos con moito esforzo, moita ilusión e, sobre todo, moito, moito corazón para convertir este encontro nun momento máxico, nunha experiencia inolvidable, que agardamos poida acompañarte ó longo do resto do ano.
Se xa es integrante da gran familia kundalineira non necesitas que te deamos motivos para vir, simplemente consulta o programa, mira os profesores, observa o lugar máxico onde se celebra e decide por ti mesmo.
Se, pola contra, descoñeces esta disciplina de ioga, auto-iniciática, e descoñeces o que Kundalini Ioga pode facer por ti, entón déixanos decirte algo.
Os tempos que estamos a vivir son difíciles, todo ó noso redor tambaléase, as parellas, as familias, os negocios, o traballo, a saúde, etc.
Preséntanse como tempos esixentes, onde todos e cada un de nos estámonos a ver confrontados cos nosos medos máis profundos, coa nosa capacidade de resistencia, cos nosos egos, coa reflexión de se construimos ou non as nosas vidas sobre estruturas realmente válidas.
O noso gran Mestre Yogi Bhajan, dende a súa gran sabiduría e a súa gran intuición coñecía xa desde os anos 70 este momento histórico no que estamos mergullados. Por iso, dende a súa inmensa compaixón polo ser humano, decidiu romper todas as normas da tradición e legarnos esta gran e potente ferramenta que é o Kundalini Ioga. O Ioga da conciencia. O ioga da experiencia. O ioga que pode facer de nos uns seres despertos, conscientes e comprometidos, cualidades que farán que poidamos atravesar todo este caos que nos circunda e nos acontece, dende outro estado de entendemento, de comprensión e de aceptación.
Por todo isto, este Festival é unha grande oportunidade en todos os sensos:
Ti e os teus poderedes ter un respiro na vosa axetreada vida, uns días onde respirar en encher os vosos pulmóns de aire limpo en plena natureza, en medio de carballos centenarios, un lugar verdadeiramente máxico.
Uns días onde darlle o teu organismo unha alimentación sá e equilibrada, totalmente vexetariana e moi variada. Seguro que todos os teus órganos o agradecerán.
Todos os días, ademáis dos obradoiros, teremos kundalini ioga e meditacións. Unha oportunidade única para iniciarse nesta marabillosa práctica, coñecer as súas características, os seus fundamentos e que todo o teu ser experimente a súa enerxía.
Tamén teremos Sadhana, unha práctica de ioga e meditación que se celebra nas horas ambrosiales, é dicir, dúas horas e media antes da saída do sol. Este é un momento enerxético moi especial e, sen dúbida, non debes perderte a experiencia.
Teremos moitos obradoiros sobre distintas temáticas, que poderán axudarte a profundizar en determinados aspectos de ti, ou simplemente achegarte a distintas disciplinas como primeira experiencia. Ó mellor descubres algo no que te gustaría profundizar.
Os profesores, nacionais e extranxeiros, algúns de recoñecida sona internacional, estarán ahí para levarte á experiencia de descubrir a túa excelencia, de despertar o teu ser consciente e achegarte ó teu mestre interno.
Os cativos disfrutarán tamén de ioga e de distintas actividades na natureza. E todos poderemos gozar con baile e música en directo.
En definitiva, un festival para descubrir e compartir o noso ser, para rir, chorar, emocionarse, e sentir a ledicia de vivir, etc. Unha experiencia única sen dúbida!
¡¡Non o podes perder!!
porque
“Este é o momento e o momento é
agora.”
Yogui Bhajan